filial
Celta b

O filial perdoa ao Burgos en Abanca Balaídos (1-1)

RC Celta

O RC Celta B empatou este domingo ante o Burgos (1-1), líder do grupo, nun partido no que os de Onésimo foron superiores ao seu rival e mereceron mellor sorte.

O partido comezou de mala maneira para os intereses celestes xa que no primeiro ataque do conxunto burgalés chegou o gol de Alarcón tras aproveitar unha boa xogada colectiva. Non veu abaixo o filial, que se fixo co control do balón e tentou chegar á área rival por ambos costados.

As mellores ocasións do RC Celta B chegaron por medio de Kevin Soni, Gabri Veiga e Carreira, aínda que os seus lanzamentos marcháronse desviados por pouco. O Burgos, líder do grupo, mostraba a súa solidez e rapidez nalgúns contragolpes.

Unha rápida acción dos xogadores celestes provocou que Gabri Veiga fose golpeado na área e o árbitro sinalou penalti a dez minutos do decanso. Manu Justo non perdoou desde o once metros e puxo un merecido empate no marcador.

No segundo tempo apenas houbo ocasións para ningún dos dous equipos e o xogo desenvolveuse no centro do campo. Álvaro Fernández detivo as dúas chegadas visitantes con dúas grandes paradas.

 

FICHA TÉCNICA

RC Celta B: Álvaro, Carreira, Markel, Carlos Domínguez, Pampín, Barri, Holsgrove, Solís, Gabri Veiga, Manu Justo, Soni. Tamén xogarón: Lautaro, Losada, Miguel Rodríguez, Bruninho

Goles: 0-1 Alarcón; 1-1 Manu Justo;

RC Celta

Etiquetas

Celta b Novas celta b

Noticias recomendadas