Celta e Osasuna protagonizaron un partido de moita intensidade e traballo. Os de Pamplona adiantáronse ao comezo do primeiro tempo cun tanto do seu capitán, Díaz, un gol que azuzó aos celestes. Os de Menéndez foron de menos a máis e lograron remontar o tanto inicial do Osasuna antes do descanso.
Borja Iglesias, en estado de graza, marcou o camiño cara á vitoria cun espectacular gol. Pouco despois, ao fío do intermedio, Juan Hernández adiantou aos vigueses con outra gran diana.
Na segunda parte o Celta foi superior. O rival mantivo alto o ritmo de xogo, pero apenas lograron inquietar a portaría defendida por Néstor. Os canteiráns célticos demostraron un partido máis a súa madurez, mantendo a seriedade defensiva e sendo pacientes e insistentes en ataque. Mediado o segundo tempo Borja Fernández marcou o merecido 3-1 que permitiu ao Celta afrontar o tramo final do choque con folgura.
O “Panda Team” mantense na terceira praza da clasificación, a catro puntos do líder, a Cultural Leonesa. A próxima xornada visita ao campo do Tudelano.
FICHA TÉCNICA
3-CELTA B: Néstor, Kevin, Roger, Alende, Caste, Borja Fernández, Gus, Juan Hdez. (Brais, 73), Mera (Adrián, min.86), Hicham (Molina, min.81), Borja Iglesias.
1-OSASUNA B: Álvaro, Julen, Irigoyen, Steven, Galarza, Imanol (Arana, min.58), Barja (Nuha, min.73), Santafe, Álex, Díaz (Arellano, min.81), Jaime.
Goles: Díaz, 0-1, min.16; Borja Iglesias, 1-1, min.37; Juan Hernández, 2-1, min.45; Borja Fernández, 3-1, min.66.
Árbitro: Fernández Pérez, do comité asturiano. Amonestou a Imanol, Díaz (Osasuna).
Campo: Barreiro