escudo_grande.jpg
Hemeroteca canteira

Un Celta B en inferioridade numérica perde ante a Cultural

RC Celta

escudo_grande.jpg

 

O gol dos locais chegou tras a expulsión do celeste Borja Domínguez no minuto 73

 

Aciaga derrota do Celta B no campo da Cultural Leonesa. Os vigueses estiveron moi preto de colleitar un valioso punto, pero un tanto de Ortiz no minuto 88 deu a vitoria ao cadro locatario. A expulsión do centrocampista celeste Borja Domínguez no minuto 73 por dobre amonestación marcou os compases finais do encontro.

 

A Cultural arrincou o partido con moita intensidade e como proba os dous goles que o colexiado anulou aos leoneses por fóra de xogo antes do minuto 10 de xogo. O filial celeste, serio en defensa, comezou a sentirse máis cómodo a medida que o cronómetro avanzaba, mentres que os locais perdían fol. O envite chegou ao tempo morto sen máis ocasións destacadas.

 

Tras a continuación algún morno susto para os olívicos e a sensación de que o marcador estaba condeado a non moverse ata o asubío final, pero a expulsión de Borja Domínguez cando restaban menos de 20 minutos de tempo regulamentario, marcou o devir do partido. A Cultural recobrou forza e aproveitou a súa superioridade numérica para anotar o gol da vitoria a saque de esquina.

 

O club anima a todos os abonados e afeccionados celestes a acudir o vindeiro sábado 1 de marzo ao campo de Barreiro, onde o Celta B medirase ao Racing de Santander a partir das 16:15 horas, para apoiar aos nosos canteiráns nun partido transcendental de cara á permanencia. Como é habitual, os abonados poden acceder aos partidos do filial en casa presentando o seu carné na entrada.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-CULTURAL: Toño, José Antonio, Santi Santos, Negral, Góngora, Hedreda, Rico (Gonzalo, min.83), David Álvarez, Raúl Torres (Mario Villar, min.78), Víctor (Ortiz, min.68) e Diego Torres

 

0-CELTA B: Rubén, Soto, Goldar, David Costas, Maceira, Antón, Borja Domínguez, Javi Rey, Añón (Fernán, min.71), Aitor e Juan Delgado (Thaylor, min.58)

 

Árbitro: Hernández Maeso. Expulsou a Borja Domínguez con dobre tarxeta amarela (73′)

 

Campo: Reino de León

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas