O Celta B está realizando unha tempada espectacular, plena de bo fútbol, solidez e récords. Trala contundente vitoria esta mañá ante a Ponferradina en Barreiro e o empate do Valladolid B, o filial certificou a súa clasificación matemática para disputar os playoffs de ascenso a Segunda, un fito que o Celta B alcanza por segunda vez na súa historia. A falta de sete partidos para o final da competición, o cadro celeste avantaxa ao quinto clasificado en 22 puntos.
O vindeiro domingo, o conxunto de Alejandro Menéndez visita á Cultural Leonesa, un encontro apaixonante co liderato en xogo.