ESCUDO-1300x400-01
Celta b

Un gol de Cedric sobre a bucina fai soñar ao Celta B (1-2)

RC Celta

Brillante triunfo celeste en Talavera de la Reina. Os de Onésimo foron de menos a máis nun partido que arrincou con dominio local pero que, co paso dos minutos, foi decantándose ao lado vigués, no que Gaizka destacou por méritos propios baixo paus con varias intervencións decisivas para os intereses célticos.

Lauti abriu o marcador ao comezo do segundo tempo, un tanto que igualo o excéltico David Añón ao quince minutos. Gabri Veiga, Pampín ou Cedric gozaron de claras ocasións para enviar o balón ao fondo da rede, no caso do camerunés cun man a man ante o porteiro rival que supuxo unha das mellores oportunidades para o Celta B.

O extremo olívico tería a súa redención no tempo de desconto, a pase de Javi Castro. No minuto 93, co partido practicamente finalizado, apareceu Cedric para cabecear a gol e pór un definitivo 1-2 que impulsa ao Celta B nos postos de playoff de ascenso. Un gol para seguir soñando.

 

FICHA TÉCNICA

1 – TALAVERA: Sousa, Choco, Bourdal, Víctor Ruiz, Góngora, Vicente, Ortega, Añón, Pichín, Calvo, Rodriguez.

2 – CELTA B: Gaizka, Carrique, Javi Castro, Pampín, Alfon (Fabri, min.66), Holsgrove, Lauti (Javi Gómez, min.77), Medrano, Gabri Veiga (Beitia, min.84), Carbonell (Iker Losada, min.84), Miguel (Cedric, min.66).

Goles: Lauti (0-1, min.54), Añón (1-1, min.70), Cedric (1-2, min.93).

Árbitro: González Díaz, do comité asturiano. Amonestou a David Añón, Bourdal (Talavera), Javi Castro, Medrano e Fabri (Celta B).

Campo: El Prado.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas