Barreiro viviu unha espectacular revolución celeste no choque entre Celta B e Cultural Leonesa, un partido que arrincou cun tanto temperán do cadro leonés ao que os vigueses responderon con goles e calidade no segundo tempo. Nada máis regresar de vestiarios, Manu Farrando puxo as táboas. Os de Albés tiñan o control do partido, pero un penalti en contra devolveu o empate ao marcador.
O Celta B, nun exercicio de vontade gañadora, foise con todo a por a vitoria e a punto estivo de logralo. Primeiro Pampín, cun auténtico golazo, e pouco despois Pastrana, inclinaban a balanza a favor dos celestes. Barreiro xa celebraba o tres puntos cando chegou o mazazo. Un gol de Saúl no tempo de desconto estableceu o definitivo 3-3 e frustrou a espectacular remontada do conxunto olívico, que se retirou do campo ovacionado pola bancada.