O RC Celta e a súa Fundación continúan traballando na integración dos xogadores do equipo Celta Integra. Da man da Fundación LaLiga, Bruno Alonso, comezou a traballar nun dos restaurantes Telepizza da cidade olívica. “Ao principio foi máis difícil pero agora xa me vou afacendo á dinámica de traballo que hai”, apunta o xogador. “É unha oportunidade que enche de ilusión as nosas vidas e oxalá sexamos cada vez máis”, engade.
Até a data, son 21 os xogadores dos diferentes equipos Genuine os incorporados en tendas Telepizza e Pizza Hut distribuídas por toda España grazas a Food Delivery Brands . Unha cifra que incrementa de maneira continua grazas á involucración e compromiso por parte dos franquiciados da compañía e clubs no proxecto.