canteranos-celta-vigo-madroa-entrenamiento-porteria-2019.jpg
A Canteira

Unha ducia de canteiráns ‘medran’ no Celta B

RC Celta

A canteira do RC Celta vive un momento extraordinario, un protagonismo poucas veces coñecido nos últimos tempos. Se no primeiro equipo son once os canteiráns que forman parte do plantel, no filial tamén hai unha ampla representación de futbolistas formados nas categorías inferiores do club.

O Celta B conta na súa plantilla con nove canteiráns e ademais hai varios xogadores en idade xuvenil que presumiblemente terán protagonismo ao longo da tempada no filial céltico. No plantel que dirixe Jacobo Montes figuran Fran Vieites, Sergio Carreira, Diego Pampín, Alberto Solís, Miguel Fernández, Álvaro Ramón, Jose Fontán, David Álvarez e Riki Mangana, ademais dos xuvenís Iker Losada, Lautaro, Miguel Rodríguez e Gabri, que presumiblemente alternarán o filial cos equipos que lles corresponden por idade. Iker Losada debutó xa co primeiro equipo no primeiro partido de Liga ante o Real Madrid, no que anotou o único tanto celeste.

Gabri Veiga foi titular o pasado fin de semana ante o Internacional de Madrid malia que se trata dun xogador xuvenil de segundo ano. Xunto a el, xogaron os canteiráns Fran Vieites, Sergio Carreira, Pampín Solís, Lautaro e David Álvarez. Ademais, dos 22 xogadores do plantel do filial, un total de 18 son menores de 23 anos e xa que logo poderían alternar o Celta B e o primeiro equipo.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas