O RC Celta Xuvenil obtivo unha valiosa vantaxe no partido de ida dos cuartos de final da Copa do Rei. Os celestes superaron por un gol a cero, un precioso tanto de Sobrido na segunda metade, ao Atlético de Madrid nun partido intenso no que os célticos dispuxeron de boas ocasións para gozar dunha maior vantaxe.