Cuarta incorporación da tempada para un Celta B que esta semana arrincou os adestramentos nas instalacións deportivas da Madroa ás ordes de Claudio Giráldez. O medio centro Víctor San Bartolomé, de 22 anos, será celeste as tres próximas tempadas.
O centrocampista formouse na canteira do Athletic Club, en cuxo filial superou os 90 partidos disputados. É un medio centro que foi internacional en distintas categorías inferiores da Selección Española e que ofrece un gran despregamento físico e moito criterio na circulación do balón.