Invasion Celeste 2
Fundación

Os celtistas tinguiron de celeste as rúas de Vigo na VII Invasión Celeste by Profand

RC Celta

Este domingo 24 de setembro celebrouse a VII edición da Invasión Celeste by Profand, a carreira popular que cada ano organiza a Fundación Celta con fins benéficos; pois parte da recadación foi destinada polos corredores e Profand a Bicos de Papel, a asociación de axuda a nenos ingresados en oncoloxía do do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Máis de 1.000 celtistas de todas as idades uníronse a esta iniciativa, que propoñía un plan de domingo diferente, percorrendo as rúas da cidade olívica. Así, o punto de encontro e o pistoletazo de saída do percorrido senior tiña lugar en A Sede, en pleno centro de Vigo. A partir de aí, debuxábanse 8 quilómetros que pasaban por lugares tan emblemáticos da cidade como a Biblioteca Pública Juan Compañel, emprazamento onde fai cen anos nacía o Real Club Celta, para terminar no Estadio Abanca Balaídos, lugar de reunión celeste e por un día, meta desta particular carreira.

Alí terminaba o percorrido, pero só facía que comezar esta festa celeste. Nos arredores e nas entrañas do Estadio, os máis pequenos puideron disputar a súa propia carreira, mentres os máis maiores recobraban o alento e festexaban cos seus familiares e amigos o logro recentemente alcanzado.

Na categoría masculina, foi Sergio García quen se alzou como campión, terminando o percorrido desta sétima edición da Invasión Celeste by Profand en menos de trinta minutos. Pola súa banda, na categoría feminina era Rocío Rodríguez a que se facía co primeiro lugar, cun tempo de 34 minutos.

Un domingo diferente e especial. Un día moi celeste, e unha mañá que sería o preludio ao que Abanca Balaídos recollería unhas horas despois: a vitoria do Celta Fortuna no seu derbi ante o Arenteiro. Día redondo para os seareiros de corazón.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas