16-9
A Canteira

Xandre Fraga xogará cedido no Arosa SC tras renovar co Celta

RC Celta

O Celta e o Arosa SC alcanzaron un acordo para a cesión de Xandre Fraga para a tempada 26/27. Tras renovar o seu contrato coa entidade celeste ata 2029, o dianteiro continuará o seu crecemento no conxunto do Salnés que milita en Segunda Federación.

Natural de Pontevedra, Xandre foi un dos xogadores destacados do Xuvenil A a tempada pasada, proclamándose campión da División de Honra Xuvenil ás ordes de Alberto Suárez.

Agora, iniciará unha nova etapa na súa traxectoria deportiva que supón un paso máis na súa formación que lle permitirá seguir sumando experiencia e minutos nunha categoría esixente.

Sorte, Xandre!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas