carlos_hugo_garcia_celta_vigo_cantera_madroa_japon_JEF_united.jpg
A Canteira

Xapón abraza a filosofía de canteira do RC Celta

RC Celta

A reputación do método celeste no traballo de canteira non deixa de crecer e estenderse ao longo e ancho do planeta fútbol. O director de canteira Carlos Hugo García e o adxunto de metodoloxía Diego Santos, atópanse estes días en Xapón para transmitir os seus coñecementos e ideas ao JEF United Ichihara Chiba, club co que o RC Celta mantén un acordo de colaboración.

Durante os próximos días, os técnicos celestes impartirán ata catro charlas aos responsables do JEF United e dalgúns clubs convidos da entidade nipoa. Ademais, a delegación do RC Celta asistirá a varios adestramentos e partidos destes equipos para, posteriormente, reunirse cos seus técnicos e ofrecerlles unha análise desde a perspectiva do método celeste.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas