IMAGEN DESTACADA XFANS
Actividades gl

XFANS Internacional e OCLC Sport Agency volven vincularse coa Fundación Celta

RC Celta

 

A Fundación Celta pechou un novo acordo polos próximos 3 anos coas empresas XFANS Internacional e OCLC Sport Agency a través do cal continuará a colaboración exclusiva en Venezuela para organizar de forma conxunta varios eventos deportivos de fútbol en diferentes cidades de Venezuela.

O acordo -rubricado por ambas as partes no Salón Rexio da Sede do RC Celta- ten como obxectivo de incrementar a percepción do RC Celta como club de alto prestixio a nivel internacional e referente na formación de xogadores, os drafts servirán tamén como vehículo encargado de difundir a metodoloxía do club no continente americano.
O próximo campus/draft, que servirá para continuar coa detección de novos talentos locais, realizarase o próximo mes de agosto, nas cidades de Barquisimeto e Caracas.

 

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Campus gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas