Santi Denia, seleccionador nacional Sub-17, volve contar co xuvenil celeste Diego Varela Pampín, nesta ocasión para participar nos adestramentos oficiais que o combinado español realizará os días 28, 29 e 30 de novembro na Cidade Deportiva de Las Rozas.
O futbolista xuvenil debutou coa Sub-17 o pasado mes de Setembro nun partido clasificatorio para o Europeo da categoría ante Irlanda do Norte. O celeste brillou na súa estrea e marcou aos 4 minutos de xogo o primeiro tanto do que acabaría sendo unha goleada por 0 a 4.