Martín Rafael, futbolista do Celta Xuvenil B, sufriu unha fractura de tibia e peroné este domingo durante o partido de Liga Nacional ante o Coruxo FC. O canteirán foi intervido satisfactoriamente este luns polo xefe dos servizos médicos, o Dr. García Cota, no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima.
O RC Celta envía unha mensaxe de ánimo e apoio ao mozo xogador e deséxalle unha pronta e total recuperación. Forza Martín!