O Xuvenil A proclamouse campión de División de Honra tras derrotar por 5-0 ao Atlético Perines en Madroa na xornada 29 de liga no grupo 1. O conxunto celeste levou a vitoria na Madroa grazas aos goles de Fer López, Óscar Marcos, Álex González, Roi Parguiñas e Álvaro Santos.
Tras este resultado, o conxunto celeste suma 72 puntos despois de 29 xornadas de liga con 23vitorias, tres empates e outras tantas derrotas, cun balance de 85 goles a favor e 28 en contra. O Xuvenil A, que se fai co título da categoría, pechará a tempada regular a próxima fin de semana en casa do CD Mariña Sport.