20220330_Partido_JuvenilAVSGranadaCF_3
A Canteira

O Xuvenil A clasifícase para xogar a ‘Final Four’ da Copa del Rey Juvenil (4-1)

RC Celta

O sorteo dos cuartos de final da Copa del Rey Juvenil deparou un atractivo enfrontamento entre o RC Celta e o Granada CF. Un partido no que o conxunto nazarí lograba adiantarse no marcador por medio de Joshua aos oito minutos de partido. Os celestes non tardaron en levantarse e, catro minutos despois, o capitán Damián igualaba a contenda desde o punto de penalti.
Con 1-1 no marcador ao descanso, o xuvenil celeste entraba de pé na segunda parte grazas a un gol de David de la Iglesia para poñer por diante aos locais. Jesús Ares e Martín Conde afianzaban o triunfo e a clasificación dos de Claudio Giráldez para disputar unha Final Four da Copa del Rey Juvenil que se disputará en Semana Santa.
Se queres ver o partido completo pica nesta ligazón.

FICHA TÉCNICA

4 –CELTA JUVENIL A: César Fernández; Diego Rodríguez (Javi Rodríguez, min. 63), Manu Fernández, Yoel Lago (Javi Labrada, min. 81), Pablo Meixús, Martín Conde; Damián, David de la Iglesia; Jesús Ares (Fer López, min. 73), Aitor Mañas, Hugo Álvarez (Lucas Antañón, min. 73).

1 – GRANADA JUVENIL A: Rafa; Lozano, Ángel, Josema (Chiqui, min. 67), Juancho, Beny; Mario (Curro, min. 67), Iván (Robert, min. 85), Juanma; Amaro (Juanpe, min. 85), Joshua (Samu, min. 67).

Goles: Joshua (0-1, min. 8); Damián, p. (1-1, min. 12); David de la Iglesia (2-1, min. 47); Jesús Ares (3-1, min. 61); Martín Conde (4-1, min. 78).

Árbitro: Iglesias Melen, do colexio galego. Amonestou a Iván, Juanma y Samu, do Granada CF.

Campo: Instalaciones Deportivas da Madroa.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas