Os cuartos de final da Copa del Rey Juvenil depararon un apaixonante nas Instalacións Deportivas da Madroa. RC Celta e Granada CF mídense este domingo 27 de marzo ás 17:00 nunha eliminatoria a partido único que promete emoción e espectáculo.
Do mesmo xeito que sucedeu nos dezaseisavos de final no choque ante o RC Deportivo da Coruña, o club ofrecerá a emisión en directo do choque e en aberto para todo o mundo a través das canles de YouTube e Facebook.