Hemeroteca canteira

Yelko Pino, titular coa selección española Sub-18 na vitoria ante EEUU

RC Celta

yelko_pino_sub17_web.jpg

O canteirán disputou os 90 minutos na primeira xornada da ‘Copa del Atlántico’ (1-0)

 

A selección española Sub-18 debutou este martes no XL Torneo Internacional “Copa do Atlántico” de Gran Canaria co canteirán celeste Yelko Pino no once titular. O futbolista vigués, que xogou o partido de principio a fin, asinou unha boa actuación ante EEUU nun envite moi disputado e de gran esixencia física.

 

O encontro chegou ao descanso co marcador a ceros e non se decantou do lado español ata os minutos finais, nos que Curro anotou o gol do triunfo. Na segunda xornada do torneo, que se disputa este mércores, a Sub-18 medirase á selección autonómica de Canarias.

 

Yelko Pino é o representante da Madroa nesta edición do torneo, como o foi o ano pasado Santi Mina ou o anterior Jonny Castro, xogadores que xa forman parte do primeiro equipo. A confianza dos seleccionadores nos canteiráns célticos referenda o proxecto de fútbol base do RC Celta, unha filosofía que conta co respaldo e a ilusión da afección celeste.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-ESPAÑA: Carlos Morales; Antonio Marín, Xavier Quintilla, Rodrigo Tarín, Joaquín Fernández; Roberto Núñez, José Ángel Pozo, Ignacio Abeledo, Yelko Pino; Francisco José Sánchez e Jorge Mere

 

Tamén xogaron Jurgi Oteo (´46) por Abeledo, Alberto Vilariño (´55) por Xavier Quintilla, Adrián Marín (´55) por Roberto Núñez, Asier Villalibre (´62) por José Angel Pozo e Julio Pleguezuelo por Antonio Marín (´75) e Madger Antonio Gómez (´75) por Joaquín Fernández

 

0-ESTADOS UNIDOS: Marcinkowski; Hyndman, Redding, Rubin, Moore, Omar Castro, Akale, Gasper, Palmer-Brown, Yomba e Sebastián Saucedo

 

Goles: Curro, 1-0 (min.87)

 

Árbitro: Jiménez González

 

Campo: San Fernando de Maspalomas

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas