yoellago2
A Canteira

Yoel Lago: “Seguir aquí é un auténtico privilexio”

RC Celta

Yoel Lago ofrece a súa primeira entrevista tras renovar co RC Celta ata o 2029. O central mostra a súa felicidade polo momento que está a vivir e desexa que “oxalá veñan cousas bonitas esta tempada e as seguintes“. Coa cara e a ilusión dun mozo que está a alcanzar o seu soño no club da súa vida non nega que “seguir aquí é un auténtico privilexio porque para min isto é parte da miña familia“. Unha alegría que se suma á ilusión xerada esta tempada tras a clasificación do conxunto celeste en Europa League, Yoel recoñece que “foi un orgullo para todos e seguiremos dando o noso 100% para darlles moitas alegrías máis á afección“.

Non te perdas a entrevista completa!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Novas canteira

Noticias recomendadas