Imaxen de fondo de páxina Sobre nós

Fundación Celta

A Fundación Celta naceu en 1996 como unha gran obra centrada no servizo á sociedade galega a través do desenvolvemento e o fomento do deporte en todos os seus ámbitos. Sendo plenamente conscientes da influencia que ten o RC Celta en todos os seus afeccionados, a Fundación trata de mellorar a calidade de vida das persoas ás que se dirixe e de facer da sociedade que lle rodea un lugar mellor.

Reforzar e potenciar accións de igualdade, integración, solidariedade entre nenos e adultos ou promover a través do deporte o desenvolvemento persoal dos máis novos son algunhos dos acenos de identidade da entidade, que trata de fomentar a participación cidadá en actividades de carácter social mediante a promoción de campañas solidarias como “Batas solidarias”, “Celta Integra” ou “Sangue celeste”.

1. Qué facemos

A Fundación Celta

Os labores principais da Fundación Celta son:

Xestionar e coordinar a canteira do RC Celta.
Desenvolver campus, escolas e  clinics deportivos para mozos, principalmente orientados á práctica do fútbol.
Investigar e promover os valores do deporte, así como realizar charlas e coloquios sobre a súa importancia na sociedade.
Desenvolver diferentes actividades lúdico-deportivas para a promoción da práctica do deporte entre as persoas de todas as idades.
Dar a coñecer o patrimonio social e deportivo do RC Celta a través de visitas ao Museo da Fundación Celta.
Fomentar a participación cidadá en actividades de carácter social mediante a promoción de campañas solidarias como “Celeste solidario” ou “Sangue celeste”.

2. As actividades deportivas

As actividades da Fundación

Escolas de fútbol

Para nenos de 4 a 16 anos.

Escola de porteiros.

Para nenos de 4 anos en adiante

Cursos para adestradores

Torneos de fútbol

Visita a colexios

Visitas ao Museo RC Celta

Campus de verán

Para nenos de 4 a 16 anos con sedes en diferentes localidades da Comunidade.

Campus e escolas internacionais

Outras páxinas da Fundación Celta