Descargar Presentación Fundación 2023
Fundación Celta
A Fundación Celta naceu en 1996 como unha gran obra centrada no servizo á sociedade galega a través do desenvolvemento e o fomento do deporte en todos os seus ámbitos. Sendo plenamente conscientes da influencia que ten o RC Celta en todos os seus afeccionados, a Fundación trata de mellorar a calidade de vida das persoas ás que se dirixe e de facer da sociedade que lle rodea un lugar mellor.
Reforzar e potenciar accións de igualdade, integración, solidariedade entre nenos e adultos ou promover a través do deporte o desenvolvemento persoal dos máis novos son algunhos dos acenos de identidade da entidade, que trata de fomentar a participación cidadá en actividades de carácter social mediante a promoción de campañas solidarias como “Batas solidarias”, “Celta Integra” ou “Sangue celeste”.
1. Qué facemos
A Fundación Celta
Os labores principais da Fundación Celta son:
Xestionar e coordinar a canteira do RC Celta.
Desenvolver campus, escolas e clinics deportivos para mozos, principalmente orientados á práctica do fútbol.
Investigar e promover os valores do deporte, así como realizar charlas e coloquios sobre a súa importancia na sociedade.
Desenvolver diferentes actividades lúdico-deportivas para a promoción da práctica do deporte entre as persoas de todas as idades.
Dar a coñecer o patrimonio social e deportivo do RC Celta a través de visitas ao Museo da Fundación Celta.
Fomentar a participación cidadá en actividades de carácter social mediante a promoción de campañas solidarias como “Celeste solidario” ou “Sangue celeste”.