PRÓXIMOS PARTIDOS
RC CELTA
Sen partidos a venda
RC CELTA B
Sen partidos a venda
*Os prezos das entradas son dinámicos e poden sufrir variacións durante o período de venda.
Rexístrate na nosa web para recibir os nosos correos e coñecer antes que ninguén a información sobre as datas de venda de entradas do RC Celta, prezos, descontos, etc.
REXÍSTRATE AQUÍ PARA RECIBIR INFORMACIÓN SOBRE Á VENDA DE ENTRADAS
INFORMACIÓN CONDICIONS DE COMPRA
Lembra que este e o único canal de venda de entradas do RC Celta. Lembramos aos Usuarios que unha vez adquirida a entrada non se cambiará nin se devolverá o seu importe salvo que teña lugar cancelación ou suspensión do partido. A imposibilidade de asistir ao evento ou calquera outra circunstancia persoal do Usuario non será motivo suficiente que faculte a solicitar a resolución, cancelación do contrato ou a devolución do prezo pago. O dereito de desistencia recoñecida pola normativa sobre consumidores e usuarios non será aplicable nestes casos ao tratarse de servizos de lecer ou esparexemento, e por tanto expresamente exceptuado con arranxo ao art. 103 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
Non merques entradas en outros canais non oficiais (ViaGoGo, por exemplo), xa que as entradas serán falsas e non permitirán a túa entrada no recinto.
Servizo de venda de entradas exclusivo para seguidores do RC CELTA. Os afeccionados de equipos rivais deben adquirir as súas entradas contactando co seu respectivo club, obrigatoriamente para a ‘Bancada Visitante’. O club denegará o acceso ao recinto a aqueles compradores afeccionados de equipos rivais que compren entradas a través deste servizo. O club solicitará identificación ao portador da entrada que debe coincidir cos datos do comprador reflectidos na mesma. Non se permitirá o acceso ao estadio con vestimenta ou emblemas do equipo rival. O afeccionado acóllese ao réxime interno do club emanado da lexislación xivente (Lei 19/2007 – RD 203/2010) e acepta a normativa de acceso das competicións de alcance da presente/es entrada/as’.
INFORMACIÓN ACCESO MENORES 8 ANOS
Toda persoa, independientemente da súa idade, necesitará unha entrada válida para acceder ao estadio, o prezo da entrada é o de Sub25, non existe un precio especial para nenos.
INFORMACIÓN ACCESO ESTADIO ABANCA BALAÍDOS ABONADOS
- Se o teu abono está a nome dunha persoa non é necesaria ninguna xestión pola túa parte. Poderás acceder ao estadio co teu carné de abonado como facías antes da pandemia. Ten en conta que no acceso pódese solicitar identificación que debe coincidir co nome Do carné.
INFORMACIÓN ACCESO ESTADIO ABANCA BALAÍDOS CON ABONOS DE EMPRESA / COLECTIVOS
Se queres asistir ao partido utilizando un carné de empresa/colectivos, é necesario que indiques os teus datos personais a través de este formulario.