Imágen de fondo de página

Eurorrexión Celeste

Desde o ano 2015, a Fundación Celta desenvolveu unha exitosa iniciativa ideada para afianzar e estender o celtismo ao longo da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal: Eurorrexión Celeste.

Clubs, colectivos veciñais e outras institucións a través dos seus Concellos teñen a oportunidade grazas a este proxecto de acudir convidados os partidos que o RC Celta dispute en Abanca Balaídos, unha visita que inclúe no seu itinerario a visita ao museo do club e obsequios, todo iso co obxectivo de seguir expandindo o espírito celtista máis aló dos límites de Vigo.

1. Que obxectivos persegue esta iniciativa?

  1. Difundir o celtismo a través dos Concellos da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
  2. Ofrecer a cidadáns de todos os puntos da Eurorrexión a posibilidade de acudir a un partido do RC Celta e visitar o museo.
  3. Fomentar esta iniciativa a través dos Concellos para dar a oportunidade de asistir a esta experiencia de maneira gratuíta.

2. Que inclúe a experiencia?

  1. Cincuenta e cinco (55) invitacións para un partido de LaLiga en Abanca Balaídos (bancada por determinar).
  2. Visita guiada ao museo do RC Celta e quecemento do equipo antes do partido.
  3. Cada asistente recibirá unha bufanda oficial do RC Celta.
  4. Dous representantes do Concello participante asistirán ao partido desde o Palco de Autoridades do estadio.

3. Cales son as condicións para acceder a Eurorrexión Celeste?

  1. Poderán acceder a esta iniciativa, colectivos, entidades ou clubs a través dos seus Concellos pertencentes á Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
  2. O contacto poderase establecer a través da web e serán convidados única e exclusivamente pola Fundación Celta.
  3. Deberán participar clubs, veciños, colectivos ou entidades pertencentes ao Concello.
  4. Deberán facilitar á Fundación Celta unha listaxe cos nomes, apelidos e DNI de todos os asistentes ao partido cunha semana de antelación á celebración do partido.
  5. Os participantes deberán estar en Abanca Balaídos polo menos unha hora antes do inicio do partido para realizar a visita ao museo do club.

4. Que é a Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal?

Localizada no noroeste da Península Ibérica, a Eurorrexión formada por Galicia e o Norte de Portugal configúrase actualmente como un espazo de forte interrelación social, económica e cultural. O territorio constituído polas dúas rexións ocupa unha superficie total de 51.000 km2 e concentra unha poboación de 6,4 millóns de habitantes. Unha estrutura para a cooperación transfronteiriza entre Galicia e a zona norte do país veciño que está chea de oportunidades e conta cun enorme potencial de desenvolvemento futuro.

Solicita más Información

¿Estás interesado? Escríbenos y nos pondremos en contacto contigo: