O defensa arxentino Gustavo Cabral, que defendeu a camiseta do RC Celta durante o últimas sete tempadas, quixo despedirse cunha misiva do club e de todo o celtismo antes de comezar unha nova etapa profesional.
“Chegou a hora de despedirme. Estes días estiveron cargados de emocións, imaxes e recordos que me veñen á mente. Non esquecerei aquel día que recibín a chamada para ser parte desta gran familia que me acolleu como uno máis de vostedes.
Grazas por estes 7 anos vividos onde pasamos momentos bos e non tan bos que me levarei para sempre no meu corazón; estou feliz por ser parte deste club tan especial para min e a miña familia e triste porque me toca marchar.
Agradezo aos meus compañeiros e corpos técnicos que pasaron e os que estiveron até o final desta fermosa etapa.
Quero dar as grazas a esas persoas que traballan e que nos axudan día a día: corpo médico, utillero, lavandaría, delegados, administración, dirixentes, prensa, traballadores da Madroa e Balaídos.
Tampouco podo deixar de nomear a esta marabillosa cidade que nos fixo feliz a min e á miña familia.
Desde agora quítome a camiseta de xogador e póñome a dun afeccionado máis…
ISTO NON É UN ADEUS SENÓN UN ATÉ PRONTO. ALA CELTA!”