Imágen genérica de cabecera RC Celta

2. ABONOS MIUDIÑOS (EXCLUSIVO PARA NENOS MENORES DE 5 ANOS)

A continuación indicamos todos os pasos necesarios para solicitar a alta dun abonado miudiño:

 

1. SOLICITUDE DE ALTA

Para solicitar a alta debe escribir un correo a [email protected] indicando:

Datos do solicitante: Nome, apelido, DNI e o ID do abonado.
Datos do miudiño: Deberá adxuntar un documento (partida de nacemento ou libro de familia) onde se vexa a data de nacemento e os datos do menor.
Unha vez feita a solicitude, o Club contactará con vostede para indicarlle cómo proceder.

 

2. COTA DE ALTA

Para a temporada 23-24 non existe cota de alta para o Miudiño, será un carné gratuito pero ten que ir asociado a un abonado adulto (padre, madre ou tutor).

 

3. PERÍODO DE SOLICITUDE ALTA

O carné Miudiño pode ser solicitado durante toda a temporada ata cumprir os 5 anos de idade.
Se acaba de nacer pode solicitarse o mesmo día do seu nacemento aportando o certificado do mesmo.

 

4. ACCESO AOS PARTIDOS

O Miudiño poderá acceder a todos os partidos de forma xeral á zona que lle corresponda a condición de que o club non comunique o contrario por razóns operativas, de aforo ou seguridade.

 

5. DEREITO A SOLICITUDE DE ASENTO

Debido ao aforo actual e ao ter acceso a todos os partidos, só se permitirá esa petición cando lle corresponda por idade e cambio de categoría (5 anos).

3. Bandeiras de campo

Se es abonado do RC Celta de 15 anos ou menos de idade, tes a posibilidade de participar nunha experiencia única ondeando a bandeira do club á saída dos xogadores nun partido mentras soa o Himno do Centenario. Anótate xa!

Cada partido, o RC Celta elixirá por sorteo a un grupo de abonados para poder participar ata completar a cota máxima. Esta experiencia é exclusiva e de balde para os nosos abonados.

4. Celta Escolas

Visitas colexios a Museo + Tour

Goza dunha visita moi especial polo Estadio Abanca Balaídos a centros educativos e clubs deportivos.

Esta actividade permite aos nenos e nenas de entre 5 e 14 anos coñecer o emblemático estadio do conxunto galego. Unindo o fútbol e a tecnoloxía, poderán sentir unha experiencia nova que espertará sensacións únicas, co obxectivo de fomentar e achegar o deporte en idades temperás.

Ademais de coñecer os recunchos máis inéditos do Estadio Abanca Balaídos como os vestiarios, a sala de prensa, o mítico túnel de xogadores e o recentemente inaugurado Museo Centenario, os nenos e nenas poderán gozar dunha experiencia inmersiva e vivir desde dentro o fútbol profesional grazas ás lentes de realidade virtual.

Reserva a túa visita aquí: https://bstadium.es/tours-originales/celta-escolas-tour-abanca-balaidos/