20221210_Partido_CeltaBVsCyDLeonesa_3
Celta b

Vitoria do Celta B no derradeiro partido do ano en Abanca Balaídos (2-1)

RC Celta

Vitoria do RC Celta B no último partido do ano diante da afección #ante a Cultural e Deportiva Leonesa nun partido competido no filial celeste tívose que adiantar dúas veces no marcador para poder levar o partido.

Na primeira parte marcaría Iker Losada o primeiro gol do partido aos 23 minutos de xogo despois dunha gran internada ata a frontal da área que acabaría no fondo das mallas. Non foi a única ocasión que tivo o Celta B, que seguiu buscando ampliar a vantaxe nos primeiros 45 minutos.

Nada máis comezar o segundo tempo, Giráldez introduciu os primeiros cambios no terreo de xogo. Aínda dispoñendo un bo xogo sobre o verde, a Cultural Leonesa conseguiu empatar o encontro nunha xogada enrevesada dentro da área pequena. Dez minutos máis tarde conseguiría o Celta B empatar o encontro tras unha xogada de Tincho que forzou un penalti que mandaría Hugo Sotelo ao fondo da rede.

Vitoria celeste que aúpa ao filial á undécima posición. A seguinte xornada será esta próxima fin de semana en Salamanca ante Unionistas.

FICHA TÉCNICA

2 – RC CELTA B: Christian Joel; Yoel Lago (Javi Domínguez, min. 46), Sergio Barcia, Medrano, Tincho; Hugo Álvarez, Damián (San Bartolomé, min. 46), Hugo Sotelo, Iker Losada (Raúl Blanco, min. 65); Miguel Rodríguez (Carrique, min. 73), Lautaro (Alex Compa, min. 83).

1 – CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA: Salvi; Muguruza (Íñigo Muñoz, min. 81), Cristian Pérez, Amelibia, Castañeda; Tarsi, Jesús Álvarez; Percan, Kevin Presa (Blesa, min. 57), Roberto Alarcón (Alberto Solís, min. 57); Obolskii (Claudio Medina, min. 73).

Goles: Iker Losada (1-0, min. 23); Amelibia (1-1, min. 61); Hugo Sotelo, p. (2-1, min. 72).

Árbitro: Ruiz Álvarez, do colexio asturiano. Amoestou a Hugo Álvarez e a Tincho, do Celta B, e a Tarsi e Blesa da Cultural Leonesa.

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas