7 MILLONES_Banner Cabecera
O Club

O RC Celta reforza a súa identidade e valor celtista alcanzando os 7 millóns de seguidores nas súas redes sociais

RC Celta

O Real Club Celta volve marcar un novo fito na súa comunicación dixital. Xa son máis de 7 millóns de seguidores os que seguen o día a día do club nas súas redes sociais. Uns datos que premian o labor de comunicación do club cun crecemento mensual continuado e verificado por Blinkfire, a plataforma de medición de uso de LaLiga Santander. Unha estratexia de crecemento consolidada baixo os piares locais e a defensa e identidade dos valores dun club Centenario. Unha expansión, baixo a identidade e tradición celtista, resaltada unha vez máis no multitudinario apoio global á entidade neste final de LaLiga Santander. A marca Celta é valor local, nacional e tamén internacional. Tik Tok, a plataforma co target máis xuvenil e universal entre as RRSS, consolídase como a principal fonte de seguidores superando os 3,8 millóns de celestes. Á súa vez, Facebook marca outro dato histórico ao consolidar o seu crecemento e rozar os dous millóns de siareiros. Na rede social Twitter xúntanse medio millón de celtistas, mentres en Instagram supéranse os 400.000 seguidores. Pola súa banda, na canle oficial do RC Celta en Youtube reúnense máis de 50.000 subscritores e xa se superan os 10 millóns de vistas. Snapchat é a última rede social na que chegou o RC Celta, converténdose no primeiro equipo de LaLiga en ter un lente óptico propio dentro da plataforma, xunto ao Real Madrid e FC Barcelona.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas