20230723_JoelLópez_2
Celta b

O lateral Joel López, primeiro reforzo para o Celta Fortuna

RC Celta

Joel López (Barcelona, 31 de marzo de 2002) aterrou en Vigo para converterse en novo xogador do Celta Fortuna. O lateral esquerdo, que xa puido adestrar xunto co resto do grupo, defenderá a camiseta celeste por catro tempadas, ata 2027.

O catalán, que tras saír das categorías inferiores do FC Barcelona viaxou ata Inglaterra para formar parte da canteira do Arsenal FC, regresou a pasada campaña ao futbol español da man da Cultural Leonesa. Co club castellanoleonés, Joel disputou 23 partidos, sumando un total de 1.601 minutos de gran rendemento e traballo.

O lateral de 21 anos, que chegou a debutar coa Selección sub-17 en 2018, chega ao club para reforzar as filas defensivas do filial e formar parte do ilusionante proxecto que xa preparan os de Giráldez.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas