Convocatoria
Novas primeiro equipo

Convocatoria do RC Celta para o ‘Memorial Quinocho Copa Centenario’ ante o Olympique de Lyon

RC Celta

Este sábado celébrase a 27ª edición do ‘Trofeo Memorial Quinocho’, sendo este ano especial ao conmemorar o Centenario do RC Celta e rebautizándose así baixo o nome de ‘Memorial Quinocho Copa Centenario’.

O encontro, contra o francés Olympique de Lyon, disputarase ás 20:00 h en Abanca Balaidos e lembramos que todos aqueles celtistas que queiran acudir a esta cita especial deberán solicitar unha entrada a través do portal de abonados.

Rafa Benítez convocou a 24 dos seus xogadores para medirse ante os de Laurent Blanc. A lista estará formada por: Manu Sánchez, Óscar Mingueza, Unai Núñez, José Fontán, Carlos Dotor, Carles Pérez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Franco Cervi, Carlos Domínguez, Iván Villar, Renato Tapia, Joseph Aidoo, Miguel Baeza, Jonathan Bamba, Strand Larsen, Williot Swedberg, Kevin Vázquez, Sergio Carreira, Luca de la Torre, Gabri Veiga, Rubén Blanco, Coke Carrillo y Hugo Sotelo.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas