RealSociedad-RCCelta 3
Primeiro Equipo

O RC Celta inaugura o marcador cun traballado punto ante a Real Sociedade (1-1)

RC Celta

O RC Celta conseguiu sumar o seu primeiro punto da tempada na liga EA Sports tras empatar ante a Real Sociedade na súa visita ao Reale Area.

Os de Rafa Benítez tiveron varias chegadas á área donostiarra durante a primeira metade, e ocasións como a de Hugo Sotelo no minuto 10 que rematou co balón golpeando no poste. Con todo, foron os locais os que se adiantaron no marcador cun gol de Berrenetxea no minuto 22 de xogo. Así, co partido a favor, os de Imanol Alguacil conseguiron manter a vantaxe ata o descanso.

Co asubío inicial da segunda metade, os celestes saltaron ao terreo de xogo cambiando o seu esquema, coa entrada de Aidoo por Sotelo. O seu obxectivo era claro: buscar o empate. O Celta traballouno e buscouno incansablemente, pero non sería ata o desconto, no minuto 94, cando das botas de Mingueza chegaría o ansiado tanto que lles outorgaría aos celestes este primeiro punto da tempada.

O RC Celta, que xa regresa á cidade olívica, comezará a partir de mañá a preparar o seu próximo encontro, que será ante o Real Madrid o venres 25 de agosto ás 21:30 h en Abanca Balaídos. O primeiro partido do RC Celta con 100 anos de vida.

FICHA TÉCNICA:

1 – Real Sociedad: Álex Remiro; H. Traoré (Sola, 78), I. Zubeldia, Le Normand, Aihen Muñoz, Turrientes (J. Pacheco, 78), Zubimendi, Brais Méndez, Take Kubo (Ali Cho, 78), A. Berrenetxea (Oyarzabal, 64) y Carlos Fernández (U. Sadiq, 64).

1 – RC Celta: Iván Villar; Ó. Mingueza, Carl Starfelt, Unai Núñez, Manu Sánchez (Cervi, 84); J. Bamba, Fran Beltrán, Hugo Sotelo (Aidoo Jr, 46), Luca de la Torre (Carlos Dotor, 84); Iago Aspas (Williot Swedberg, 97) y Strand Larsen (Miguel Rodríguez, 84).

Goles: 1-0 Berrenetxea; 1-1 Mingueza.

Árbitro: Ortiz Arias. O colexiado mostrou tarxeta amarela a Iago Aspas, e por parte da Real Sociedade, foron amoestados Zubimendi e Le Normand.

Incidencias: Encontro correspondente á segunda xornada de LaLiga EA Sports disputado no estadio Reale Area.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas