fortuna barcelona 3
Celta b

O Celta Fortuna asina un empate ante o FC Barcelona Atlètic na súa visita á cidade condal (1-1)

RC Celta

O Celta Fortuna suma un punto na súa visita a Barcelona tras asinar un empate ante o FC Barcelona Atlètic neste duelo de filiais disputado no Estadio Johan Cruyff.

O conxunto dirixido por Claudio Giráldez, protagonizou unha primeira parte moi prometedora. Os celestes mostráronse contundentes en defensa e rápidos e perigosos en ataque, cunha gran ocasión de Raúl Blanco ao comezo do partido, que terminaría chocando ao poste para fortuna dos locais.

Sería nunha xogada de saque de esquina, cando o primeiro gol dos celestes materializaríase. Sacábaa Damián, nunha xogada ensaiada, para Raúl, e este centrábaa cara atrás para que Hugo Álvarez á carreira rematásea entre os tres paus da portería de Marc Vidal. Todo o Fortuna unido celebrouno no banco visitante. Chegaba o primeiro dos que puideron ser moitos.

O filial celeste proseguiu coa boa tónica dos primeiros minutos, chegando ata a área rival e xerando numerosas ocasións. Pero o segundo tanto non daba chegado. E foi cando o partido atopábase ao fío do descanso, que os azulgranas empataron o resultado. Héctor Fort atopaba un oco dende a frontal a través do que anotar o gol que mantería ao conxunto catalán enganchado e en igualdade de condicións para afrontar a inminente segunda parte.

O segundo tempo estivo marcado pola vermella directa que Ramo Andrés ensinou a Unai Hernández tras unha dura entrada a Javi Rueda no minuto 52. Quedaban aínda moitos minutos por diante cando o Barça quedaba con 10 xogadores sobre o terreo de xogo, e iso conlevou a que o conxunto dirixido por Rafa Márquez xogase máis pechado, evitando asumir riscos que os fixesen perder o punto que ata ese momento tiñan amarrado.

Favorecidos pola superioridade numérica, aínda que non exentos dos contraataques do Barcelona, o Celta Fortuna non parou de traballar para sentenciar o encontro. Destacaron varias accións ofensivas por parte de Fer e Pablo Durán, que non terminaron de concretarse. E así, os minutos ían pasando e o asubío final asinou o empate entre ambos os filiais. Así, os celestes volven á cidade olívica cun punto debaixo do brazo, sumando por terceira xornada consecutiva.

A próxima semana, o Celta Fortuna viaxará ata A Coruña para enfrontarse ante o RC Deportivo no Estadio Abanca Riazor. Un derbi emocionante e un encontro especial que se disputará o domingo 8 de outubro ás 19:00 h.

FICHA TÉCNICA

1 – FC BARCELONA ATLÈTIC: Marc Vidal; Gerard Martin, Sergi Domínguez, Pau Cubarsí, Héctor Fort (Trilli, min. 86); Unai Hernández, Marc Casadó, Moha (Marc Bernal, min. 86); Pau Víctor, Pocho Román (Jaume Cuéllar, min. 69) y Diego Percan (Ángel Alarcón, min. 69).

1 – CELTA FORTUNA: Coke Carrillo; Javi Rueda (Javi Domínguez, min. 66), Javi Rodríguez (Lucas Antañón, min. 85), Yoel Lago (Iván López, min. 74), Joel López, Hugo Álvarez; Damián (Fer López, min. 66), Miguel Román; Raúl Blanco Alfon González y Pablo Durán (Bruno Iglesias, min.85).

Gol: 0-1 Hugo Álvarez (min.28); 1-1 Héctor Fort (min. 41)

Árbitro: Ramo Andrés. O colexiado amoestou a Yoel Lago, Iván López y Lucas Antañón por parte de los celestes. por parte dos celestes. Por parte do Barça Atlètic viron tarxeta amarela Pau Cubarsí e Marc Vidal, e amoestou coa máxima sanción a Unai Hernández, que abandonou o encontro tras ver a vermella no minuto 52.

Incidencias: Encontro correspondente á sexta xornada do Grupo 1 da Primeira Federación, disputado no Estadio Johan Cruyff.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas