image00006
Novas club

Capenergy, novo partner oficial do RC Celta

RC Celta

Capenergy e o RC Celta únense para potenciar o rendemento e a saúde deportiva dos deportistas e clientes da Clínica RC Celta.

Marca líder no mercado en innovación, desenvolvemento e fabricación de dispositivos de Radiofrecuencia (RF) a nivel mundial, Capenergy, incorpórase á familia do RC Celta como partner oficial, co obxectivo de axudar a sacar o máximo potencial aos nosos servizos médicos con máquinas pioneiras no mercado.

A nova tecnoloxía empregada por Capenergy permite aos profesionais da saúde deportiva traballar varias zonas do corpo á vez e realizar aplicacións dificilmente alcanzables por outros medios. Ademais, os seus equipos son os únicos do mercado e triplican os efectos dun tratamento de radiofrecuencia común.

Capenergy é unha empresa situada en Sant Joan Despí, Barcelona, que fabrica e distribúe os seus equipos nos cinco continentes e é coñecida no mundo pola súa investigación científica desde hai 40 anos. Con máis de 20 patentes, a tecnoloxía foi recoñecida e galardoada con diferentes premios internacionais.

A traxectoria e aposta pola excelencia de Capenergy foi determinante para a firma deste acordo, que consolida a posición do RC Celta, acompañándose de referentes do máis alto nivel no ámbito da saúde deportiva.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas