PRESENTACIÓN LOS SAUCES FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX
Fundación

A Fundación Celta inicia as presentacións do Campus de verán nas diferentes sedes

RC Celta

Unha vez abertas as inscricións dos CAMPUS DE VERÁN 2024 toca facer percorrido polas diferentes sedes para realizar presentacións das mesmas ante os medios locais de cada zona. As sedes presentadas ata a data son as seguintes:

  • NOIA. No Concello de Noia con presenza de representantes do CF Noia e do propio concello.

  • PORTONOVO-SANXENXO. No Campo de Baltar con presenza de representantes do Portonovo SD e do Concello de Sanxenxo.
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA. No Colexio Compañia de María con presenza de representantes do propio colexio.
  • OROSO. No campo Lino Balado con presenza de representantes do E.D. Xuventude Oroso e do Concello de Oroso.
  • ARES. Con representantes do Concello de Ares, do club SDR Numancia e da delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol.
  • TEO. No Concello de Teo con presenza da alcaldesa e o concelleiro de deportes.
  • MARCÓN. Na Casa da Cultura de Marcón (sede do club) con presenza de representantes do Marcón Atlético.
  • PONTEVEDRA. No colexio de Los Sauces con presenza de representantes da dirección do propio colexio e dun numeroso grupo de alumnos/as.

En todas elas con presenza da Fundación Celta con Germán Arteta, director de la Fundación Celta, e Manu Gómez, responsable da organización dos Campus de Verán. Gran satisfacción por parte de todas as sedes por poder colaborar coa Fundación Celta en levar a cabo esta actividade estival que ano tras ano serve de goce de centos de nenos/as por toda a nosa comunidade.

Algunha das sedes presentadas xa completaron as prazas dispoñibles e outras están moi preto de facelo por tanto é conveniente inscribirse canto antes para asegurar a praza e poder gozar dunha experiencia deportiva e social inesquecible.

Máis información e inscricións AQUÍ.

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Campus gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas