16X9 (1)
A Canteira

O Celta Fortuna é de Play-Off!

RC Celta

O Celta Fortuna logra asegurarse un posto no tan anhelado play-off de ascenso deste ano. Cunha última vitoria contundente ante o Rayo Majadahonda (3-0), o filial celeste posiciónase firmemente nos postos altos da clasificación.

Esta tempada foi un verdadeiro despregue de traballo e esforzo por parte dos xogadores do Fortuna. Con 19 vitorias e 65 goles, ata o momento, o equipo destacouse como o máximo goleador do Grupo I. Desde liderar a clasificación no parón do Nadal por primeira vez na historia ata consolidar a súa posición na promoción de ascenso, cada paso do filial celeste foi un testemuño do compromiso e dedicación dos mozos canteiráns polo escudo que defenden cada fin de semana.

O RC Celta desexa expresar o profundo orgullo que sente por un dos piares máis fundamentais do club: a súa canteira. Cada paso, cada tropezo e cada triunfo, sempre da man do celtismo, levou aos canteiráns a brillar cun desempeño impecable, demostrando a todos que, con paixón e esforzo, os obxectivos alcánzanse.

Parabén, mozos!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas