as celtas horizontal
Novas club

Abanca Balaídos réndese a As Celtas

RC Celta

Durante o último partido en casa entre o RC Celta e o Athletic Club de Bilbao, o celtismo vibrou ao unísono para dar a máis cálida das benvidas a As Celtas.

Antes do inicio do encontro, o club presentou oficialmente o novo proxecto de fútbol feminino que arrincará a próxima campaña. A través dunha lona que vestiu o centro do campo, a saída dos xogadores coa primeira peza oficial da Celtas e un vídeo introdutorio durante o descanso, o RC Celta quixo presentar ao grande o nacemento dunha nova era.

A resposta dos máis de 21.000 espectadores que asolagaron as bancadas de Abanca Balaídos non puido ser máis conmovedora. O entusiasmo e a alegría son o combustible que impulsa ao RC Celta e o club está seguro que tamén será o que impulsará a As Celtas a alcanzar novas metas e a deixar un legado indeleble na historia celeste.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas