- A Sede recibiu esta mañá a visita de Takeshi Inawaka, CEO de Wakatake Group. Este encontro subliña a estreita e prolongada relación entre o RC Celta e a organización xaponesa e evidénciase como unha das colaboracións máis significativas dos Clinics de Fundación Celta. Unha relación que leva anos consolidándose e que se fortalecerá aínda máis este curso coa visita de dous técnicos da canteira do club a Xapón.
- Durante a súa estancia en Asia, os adestradores da canteira impartirán varios clinics aplicando a metodoloxía RC Celta. Farano en dúas localidades: Shiga, do 25 ao 26 de xullo, e Chiba, do 28 ao 29 de xullo.
- Esta iniciativa, así como a visita de Takeshi Inawaka, reflicte unha vez máis o compromiso do RC Celta coa formación e desenvolvemento do fútbol basee a nivel internacional.
- Acerca de Fundación Celta
A Fundación Celta de Vigo, naceu o 17 de xullo de 1996 como unha gran obra centrada no servizo á sociedade galega a través do desenvolvemento e o fomento do deporte en todos os seus ámbitos. De forma concreta, a actividade da Fundación céntrase en axudar á mocidade, e aos colectivos desfavorecidos educando en valores e no deporte desde un punto de vista comprometido coa sociedade e o medioambiente. A misión da Fundación é “Achegar o deporte e os seus valores á sociedade”. No ano 2016 comeza a desenvolver a súa actividade tamén fóra das súas fronteiras, a través da súa rede de academias e campus internacionais. - Acerca de Wakatake Group
Wakatake Group é unha empresa xaponesa coa misión de contribuír ao desenvolvemento de mozos xogadores de fútbol na súa transición de nenos a adultos. Wakatake Group leva case 20 anos desenvolvendo multitude de programas deportivos, con presenza en Europa, África, Asia e América. Estas experiencias internacionais contribúen ao desenvolvemento do xogador e da persoa, tanto dentro como fose do terreo de xogo. Wakatake Group traballa seguindo unha fórmula formativa contrastada: experiencias internacionais, educación holística e responsabilidade social.
A Canteira