DESPEDIDA-JUGADORES_16X9 RUEDA
Celta b

O lateral celeste Javi Rueda xogará cedido no Albacete

RC Celta

O RC Celta e o Albacete acordaron a cesión do xogador Javi Rueda. O lateral, que chegou á cidade olívica en xullo do 2023, xogará cedido a próxima tempada en LALIGA HYPERMOTION no conxunto dos albacetistas.
Javi Rueda inicia así unha nova etapa deportiva despois de asinar unha tempada espectacular no Celta Fortuna. Máis de 2500 minutos disputados, cun total de 2 goles e seis asistencias, nos que o malagueño defendeu o escudo celeste. Uns datos que supuxeron un peche de curso brillante, no que Javi Rueda xogou o Play off de Ascenso a Segunda División ante o Málaga CF e debutou en Primeira División co primeiro equipo do RC Celta, ante o Valencia, en Abanca Balaídos.
O club deséxalle agora o maior dos éxitos neste novo capítulo da súa carreira deportiva.
Sorte, Javi!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b

Noticias recomendadas