WhatsApp Image 2024-08-09 at 17.25.47 (1)
Celtismo

A ilusión do celtismo xa está en marcha: Arrinca a primeira tempada da historia de As Celtas

RC Celta

O soño máis prometedor do club da presente campaña está a piques de facerse realidade. Este setembro, As Celtas debutan no que será a súa primeira tempada oficial. Coa camiseta celeste e a mirada posta no horizonte, as novas xogadoras do RC Celta prepáranse para o inicio dun curso apaixonante, o inicio dun novo capítulo na historia do club.

Nos adestramentos, que comezaron a finais do pasado mes de xullo nas instalacións da Madroa, o equipo dirixido por Vicky Vázquez estivo preparándose intensamente para afrontar este novo desafío do club. Co obxectivo de chegar en óptimas condicións ao comezo da liga, As Celtas programou unha serie de sesións de adestramento en forma de encontros amigables a porta aberta que servirán como pretempada. O primeiro deles será o 10 de agosto contra o Umia na Madroa, seguido por unha cita contra o Atlético Villalonga o 14 de agosto en Villalonga, e finalmente, por un terceiro choque contra Vitoria Guimaraes o 18 de agosto novamente na Madroa.

Pero o mellor está por chegar. O primeiro partido oficial de As Celtas será a fin de semana do 7 de setembro, e aínda que a Federación aínda non publicou o calendario definitivo e descoñécese quen será o rival, o RC Celta está seguro de que o encontro será un evento memorable que contará co apoio de todo o celtismo.

Xuntos, xogadoras, corpo técnico, afeccionados e club, estamos listos para escribir un novo capítulo celeste. Que empezo a historia!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club

Noticias recomendadas