ALEVIN B

En marcha as ESCOLAS DE FUTBOL RCCELTA

RC Celta
As ESCOLAS DE FÚTBOL RC CELTA xa se atopan a pleno rendemento con só un mes de posta en marcha. Gran aceptación das diferentes modalidades de escolas, con poucas prazas dispoñibles en todas elas: INICIACIÓN, APRENDIZAXE-CELTA ACADEMY, TECNIFICACIÓN e PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ.
A nosa área de TECNIFICACIÓN aos poucos recibe novas promesas doutros clubs que buscan mellorar as súas habilidades técnicas con metodoloxía de adestramento RC CELTA.
A escola de PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ  conta unha vez á semana coa visita de SERGIO ÁLVAREZ que ademais das aprendizaxes que transmite representa unha motivación e referente para os porteiros da nosa escola.
Os máis novos celtistas de 4 e 5 anos, que forman parte da nosa escola de INICIACIÓN, gozan ao grande dos nosos adestramentos con gran ilusión por aprender e por divertirse xogando ao fútbol con novos amigos.
O groso da escola fórmano o noso novo club CELTA ACADEMY que conta con 8 equipos de fútbol base, sendo fiel reflexo do fin das escolas que pretenden que calquera celtista poida gozar do fútbol da man do RC CELTA: formación, diversión e celtismo asegurado.
E a última en chegar, e non por iso menos importante, a nosa escola de AS CELTAS creada para que as nenas tamén teñan a súa oportunidade de aprender nunha contorna unicamente feminina e soñar con ser o futuro das categorías inferiores de AS CELTAS. De momento arrincando aínda que a posta en marcha fai pensar que terá un gran éxito de aceptación.
Escolas de fútbol para todos e todas, así que non perdas a oportunidade de poder formar parte das mesmas, as prazas son limitadas.
RC Celta

Etiquetas

Noticias recomendadas