Debeda 16x9
Novas primeiro equipo

UD San Pedro, primeiro rival do Celta en Copa del Rey

RC Celta

O RC Celta xa coñece ao seu primeiro rival na presente Copa del Rey. Este mediodía, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) levou a cabo, na Ciudad Deportiva de Las Rozas, o sorteo dos emparellamentos para a primeira rolda da competición e o azar determinou que os celestes se medirán ante UD San Pedro a finais deste mes no Estadio Municipal Antonio Naranjo.

O conxunto da localidade malagueña clasificouse onte por quinta vez para xogar a Copa del Rey no 50 aniversario da historia do club.

Polo que esta primeira rolda será un encontro ilusionante para UD San Pedro, pero tamén para Claudio Giráldez, que o próximo 29, 30 ou 31 de outubro debutará como adestrador nesta competición.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas