20241011_FirmaCeltaAtletismo_-5
Novas club

Fundación Celta e Celta Atletismo reforzan o seu vínculo cun novo convenio de colaboración

RC Celta

A presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, o director da Fundación Celta, Germán Arteta, e o presidente do Celta Atletismo, José Ángel Serantes, selaron este venres na sala de prensa da Cidade Deportiva Afouteza un convenio de colaboración co que reforzan os seus lazos de unión polas próximas dúas tempadas.

O vínculo entre ambos se estreitou nos últimos anos, especialmente por mor da Invasión Celeste, carreira anual da Fundación Celta na que participan a modo de voluntarios os novos atletas do Celta Atletismo.

Con este novo acordo, o RC Celta e a Fundación Celta referendan o seu apoio ao deporte basee en todas as súas disciplinas e abren un novo marco para intensificar a colaboración co deporte galego.

O club móstrase ilusionado coa renovación desta alianza e quere destacar a importancia que representa para ambas as entidades centenarias seguir camiñando xuntos coa testemuña da afouteza e o sentimento de tradición que lles caracteriza.

 

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas