16-9
Celtismo

O Celta estrea autobús na Porta do Sol

RC Celta

O novo autobús do RC Celta xa está a punto e listo para o seu debut o vindeiro sábado. Tras semanas de traballo, Autos González deseñou un espazo cómodo e moderno que conta coas mellores condicións e tecnoloxías para os desprazamentos do primeiro equipo. O mellor? Que o celtismo será o primeiro en coñecelo!

Antes da súa estrea oficial no partido contra o Real Madrid, o club quere que a súa afección sexa a primeira en montarse nel. Polo que, mañá, mércores 16 de outubro, o novo autobús do RC Celta abrirá as súas portas de 17:00h a 20:00h na Porta do Sol. Todos os afeccionados poderán subir a bordo de forma gratuíta, percorrer cada detalle do interior e facerse fotos nos asentos que moi pronto ocuparán os seus futbolistas favoritos.

Unha oportunidade única para descubrir de preto o vehículo que acompañará ao equipo en cada xornada e sentirse como un xogador celeste máis.

Vémonos!

 

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas