Celta
Celtismo

Consulta todos os horarios para que non perdas nada do Celta-Alavés!

RC Celta

Abanca Balaídos acollerá este domingo 18 de outubro, ao 16.15 h., o encontro que enfrontará ao Celta contra o Deportivo Alavés. Para todos os celtistas que acudades ao estadio para apoiar ao equipo, facilitámosvos a continuación información que pode ser do voso interese:

Apertura de portas:

As portas do estadio abrirán ás 15.00 horas. Para evitar aglomeracións e posibles atrasos nos accesos, recoméndase a todos os asistentes acceder ao estadio polo menos 30 minutos antes do comezo do encontro.

Os carnés incorporan chip de proximidade para facilitar a súa lectura, alén do sistema NFC dispoñible na App. O acceso ao estadio estará habilitado ata as 17.45 horas.

Documentos de acceso:

⚠ Importante: Lembramos a todos os abonados que deben ter actualizado o seu carné dixital correspondente á tempada 2026/27.

Todos os asistentes deberán ter un documento de acceso para entrar ao estadio, incluso os máis pequenos, independentemente da súa idade. Devanditos documentos poderán ser:

• Carné de abonado, en calquera das súas categorías. En caso de non dispoñer do abono físico, poderase acceder co carné dixital da tempada 2026/27, que pode descargarse desde o Portal do Celtista ou a App.
• Entrada do partido
• Carné Miudiño

Lémbrase que os carnés de abonado son intransferibles nas súas distintas categorías e, por tanto, só poderán ser utilizados polo seu titular, fóra do Carné celtista abonado en categoría Adulto que é transferible menos na bancada de Marcador Baixo.

Poderase solicitar documento acreditativo da persoa con carné intransferible para poder acceder, denegando o acceso no caso de que non coincida o titular.

Atención de incidencias:

O club pon ao dispor de todos os espectadores un servizo de incidencias con entradas ou carnés que estará habilitado nos despachos de billetes do estadio, desde a apertura de portas e ata o comezo do partido. No entanto, lémbrase a todos os abonados que desde o portal do celtista ou desde a App poden descargarse o abono dixital.

Non se farán duplicados de carnés desde as 12.00 horas en diante.

Apertura dos despachos de billetes:

Os despachos de billetes estarán abertas desde as 10.00 horas e ata o comezo do encontro. No entanto, para maior comodidade recoméndase consultar dispoñibilidade e comprar as entradas na web do Celta.

Apertura da tenda oficial do estadio:

A tenda oficial do estadio abrirá este domingo de 10.00 a 18.00 de xeito ininterrompido.

Mural de falecidos:

Poderá visitarse nun horario especial de 14.15 a 14.45 horas, ofrecendo un espazo de recordo e homenaxe a quen formou parte da familia celeste.

Museo Celta:

O Museo Celta abrirá as súas portas en horario de 10.00 a 16:45h., ofrecendo aos visitantes a oportunidade de coñecer a historia e o patrimonio do club a través das súas exposicións e contidos interactivos, podes adquirir a túa entrada desde a páxina web ou na recepción da Área Celtista.

Servicio de consigna para carriños de bebé:

Para que os celtistas máis pequenos poidan acompañar aos seus papás, mamás, avós ou avoas a animar ao seu equipo, o Celta pon ao dispor dos afeccionados un servizo gratuíto de consigna para deixar os carriños de bebé mentres están no interior do estadio.

Este servizo estará habilitado na bancada de Tribuna, ao lado do local da Federación de Peñas, entre as portas 10 e 11, desde a apertura das portas de Abanca Balaídos e ata 15 minutos despois da finalización do encontro.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas