1920x1080 (1)
Celtismo

Fillas de Cassandra actuarán na previa do RC Celta – Real Madrid

RC Celta

Fillas de Cassandra ofrecerá un concerto nos prolegómenos do encontro entre o RC Celta e o Real Madrid en Abanca Balaídos.

O dúo vigués prepara unha actuación chea de arraigamento polas nosas raíces e tradición que sorprenderá a todos os afeccionados e que será a antesala perfecta para un encontro de máximo nivel ante o vixente campión de LALIGA EA SPORTS.

O espectáculo comezará ás 20:45h. e desenvolverase no interior do estadio polo que recomendamos a todos os afeccionados que accedan con tempo para non perderse o concerto completo. A actuación retransmitirase no videomarcador para que todo o mundo poida seguilo desde calquera punto do estadio.

Unha previa cargada de música, raíces e tradición que, xunto ao incansable alento de todo o celtismo unido, acompañarán ao conxunto celeste cara á vitoria. Non volo podedes perder!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas