20241026_ClubesConvenidos_SinRótulos - frame at 0m4s
A Canteira

O RC Celta impulsa a formación de futbolistas coa colaboración de diferentes clubs

RC Celta

O RC Celta, fiel á súa filosofía de canteira, impulsa a formación de novos futbolistas mediante un plan de colaboración con diferentes clubs repartidos pola xeografía galega. Este proxecto céntrase en integrar a clubs de fútbol base, tanto masculinos como femininos, baixo a metodoloxía do club celeste, co obxectivo de axudar na formación dos deportistas e que consideren o Celta como unha meta para alcanzar no seu desenvolvemento deportivo.

Desde hai varias tempadas, asináronse convenios con diferentes clubs buscando promocionar o fútbol base, mellorar o seu proceso formativo e ampliar a rede de captación de novos talentos. Unha forma de traballar de maneira conxunta no desenvolvemento de futuras promesas. Esta tempada, coa creación de As Celtas, amplíase o alcance deste proxecto aberto a colaborar tanto con clubs de futbol base masculinos como femininos.

Álex Otero, director de Scouting do RC Celta, destaca a importancia de levar a cabo este tipo de convenios para elevar o nivel do fútbol base en Galicia, á vez, que agradece a predisposición dos clubs para traballar da man. Por outra banda, afirma que “o RC Celta está aberto a colaborar con outras entidades deportivas co obxectivo de formar cada vez mellor aos novos futbolistas”.

Para o RC Celta é un orgullo poder colaborar cos clubs actualmente convidos e promover a formación deportiva de centos de nenos, trasladándolles a filosofía do club e os seus valores de disciplina, constancia e sacrificio que levaron a tantos deportistas da canteira para debutar co primeiro equipo na máxima categoría do fútbol español.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Novas canteira

Noticias recomendadas