Foto 12-11-24, 19 45 58 (1)
Fundación

A Fundación Celta e a RFGF impulsan a formación de futuras adestradoras

RC Celta

O RC Celta, mediante a Fundación Celta, únese á Real Federación Galega de Fútbol para impulsar a formación de adestradoras a través do curso UEFA C. Unha iniciativa coa que ambas as entidades traballan para elevar a participación das mulleres nun ámbito maioritariamente masculino.

Este martes, as instalacións deportivas de A Madroa foron o escenario escollido para presentar unha nova edición na que un total de 518 alumnos/as repartidos en 18 cursos formaranse para obter a licenza federativa de adestrador.

Unha edición que bate récords coa maior afluencia de participantes da súa historia e na que As Celtas xoga un papel moi importante. Grazas ao convenio posto en marcha pola Fundación Celta rexistrouse a maior porcentaxe de participación feminina ata a data. Todo un fito no que as integrantes de As Celtas terán acceso a unha ampla oferta formativa co obxectivo de crear futuras adestradoras e achegar novas ferramentas no seu desenvolvemento deportivo.

Un acto de inauguración que contou coa presenza do vicepresidente da RFGF, Fernando Iglesias; o presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola; Iván Cancela: o Director de Fútbol do RC Celta, Marco Garcés; a conselleira do RC Celta, Xisela Aranda; e os profesores da Escola Galega de Adestradores, Rubén Domínguez (membro do departamento de psicoloxía do RC Celta) e Humberto Lede (coordinador de As Celtas).

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Fundación

Noticias recomendadas