Logo Fundacion 1920x1080
Fundación

A Fundación Celta estrea un novo Patronato con Marián Mouriño como presidenta

RC Celta

O Patronato da Fundación Celta de Vigo renóvase co obxectivo de impulsar a actividade desta entidade tan fortemente vinculada ao corazón do club e do celtismo. A remodelación do patronato da Fundación enmárcase na ‘refundación’ desta emblemática institución, que se explicará este mércores no transcurso da Xunta Xeral de Accionistas do RC Celta, no punto seis da orde do día.

O novo patronato inclúe a varios integrantes do actual consello de administración e incorpora a profesionais e deportistas cunha destacada traxectoria nos seus respectivos ámbitos, todos eles con alma celeste e unha ampla disposición para participar de maneira activa no desenvolvemento da Fundación.

O Patronato terá a Marián Mouriño como presidenta, cos conselleiros Antón Alvarez como vicepresidente e Miguel Álvarez como patrón.

Incorpóranse ademais os seguintes patróns:

– Desiré Vila, destacada deportista en varias disciplinas, mundialista e olímpica en atletismo adaptado e premiada en diversas ocasións pola súa traxectoria de superación persoal.

– Rubén Martínez, director Xeral para España e Portugal de Howden e director de Proxectos e profesor de formación de posgraduados de Galicia Business School.

– Alberto García Castro, Socio Director de CMPG Xestión de Riscos.

Este novo Patronato, integrado por grandes profesionais, celtistas de corazón, envorcarase en impulsar o crecemento e mellora da Fundación, organismo fortemente vinculado ao labor social e ao desenvolvemento de accións encamiñadas a promover a igualdade, a integración e a solidariedade.

Máis información sobre os integrantes do Patronato AQUÍ.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación

Noticias recomendadas