20241126_CuadroFundación_Marián_2
Fundación

Celtismo sobre lenzo: a espectacular doazón de Toya García á Fundación Celta

RC Celta

A Fundación Celta recibiu unha doazón por parte da artista local, Toya García, cuxa obra captura o sentimento do espírito celeste. Marián Mouriño, presidenta do RC Celta, e Germán Arteta, director da Fundación Celta, recibiron á artista en A Sede onde quixeron agradecerlle persoalmente este xesto.

Trátase dun cadro que cun gran realismo mostra a un neno contemplando unha das escenas máis emblemáticas do himno do centenario do RC Celta, “Oliveira dos Cen Anos”. A peza combina unha gran sensibilidade artística e simboliza os valores das nosas raíces, a afouteza e o corazón que promove a Fundación Celta.

Cun amplo catálogo artístico, Toya quixo plasmar as emocións que o club lle transmite, inspirándose nas vivencias e o legado que lle gustaría deixar ao seu propio neto.

Unha doazón que enriquece o patrimonio cultural da Fundación Celta poñendo en valor o talento dos artistas locais. Germán Arteta destaca a relevancia dunha obra que conta con numerosos elementos representativos das raíces e os valores do sentimento celeste, á vez que, mantén como eixo central un dos lugares máis emblemáticos do sur de Galicia, a ponte de Rande.

Toya García Senra é unha artista viguesa que leva toda unha vida ligada á arte. Na actualidade, algunhas das súas obras atópanse expostas en Valencia, mentres que, xa prepara a súa próxima exposición na Feira Art Madrid que se organizará do 5 ao 9 de marzo de 2025 na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación

Noticias recomendadas